04 abril 2013

GALAXIA ETRAD. IV CURSO DE M.T. GRANXA DE BARREIROS

IV CURSO DE MÚSICA TRADICIONAL GRANXA DE BARREIROS, no que impartirá clase de Canto Popular o mestre Javier Feijoó (Chisco)


O obxectivo do curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do folclore.

O curso ten as seguintes especialidades:
Baile
Obradoiro de baile tradicional galego.Estructura e construcción dos puntos nos bailes soltos. Improvisación e exemplos prácticos.
Canto e pandeireta
Achegamento ao canto tradicional con pandeireta; coñe- cendo   os   diferentes   “toques”   de   pandeireta   según   as   variantes rítmicas comarcais.Explicación   dos   diferentes   “xeitos”   interpretativos   da   voz, adornos e xiros propios dentro do canto galego (   alalá,   muñieira   vella...)   utilizando   material   de   recollida   para analizar estes aspectos 
MÁIS INFORMACIÓN



Gaita
Trataránse os diferentes aspectos que englo- ban a técnica do instrumento, isto é:
1.Posta a punto do instrumento: posición, tempero, afi- nación e empalletado.
2.Técnica aplicada á ornamentación propia da gaita galega: estudos para unha correcta dixitación e para un perfeccionamento na execución dos diferentes gru- pos de adornos.
3.Aplicar os aspectos anteriores a un repertorio concreto e común.
Percusión
Iniciación á percusión tradicional, e aos chamados ins- trumentos  de  fortuna  (culleres,  tixola...)
Técnica de tambor, aplicada e basada nos ritmos tradi- cionais.
Arranxos de percusión para cuartetos.





Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego