17 abril 2013

Extraescolares. Monográfico: Aitana Eanes. Percusións ibéricas. Ritmos de Peñaparda e El Payo (Salamanca).



Día 3 de maio
16h – 19h
Auditorio Milladoiro
Número de prazas20
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h
Último día de matriculación: maio (ata ás 14h)
Para persoas con nivel medio de percusión. Levar pandeiro cadrado ou baqueta. Quen teña tixola de ferro e dedal que tamén o leve.

Neste obradoiro aprenderemos a técnica e os ritmos tradicionais de Peñaparda e El Payo (Salamanca), tocados con pandeiro cadrado con porra e tixola. Dous instrumentos con grandes posibilidades que tamén poderemos aplicar á música galega.

Aitana Eanes

(Ferrol, 1983) comezou na música tradicional da man do mestre Loleteprimeiro como  gaiteira  e pouco despois xa como percusionista. Desde hai 11 anos imparte obradoiros de percusión tradicional tanto na Galiza como fora dela. Ten participado en numerosos espectáculos e traballos discográficos. Na actualidade traballa coa orquestra de percusión ibérica "Coetus". Formouse neste campo con Eliseo Parra e Aleix Tobias.


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego