12 maio 2013

A OFG SONDESEU EN CONCERTO. 18 DE MAIO. AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS. 21 HORAS


O vindeiro 18 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas, o Auditorio Municipal de Cangas acollerá ás 21 horas, o concerto da  Orquestra Folk de Galicia, SondeSeuunha das formacións máis importantes de Galicia por calidade interpretativa e pola forza dos seus directos.
No auditorio cangués, ademáis dos temas incluidos no seu último cd, Barlovento (premio La Opinión ao mellor disco de folk galego), daránse a coñecer algunhas pezas que o grupo vigués foi incorporando ao seu repertorio durante os últimos meses pero que aínda non están recollidas en disco compacto. O concerto, polo tanto, pódese considerar un avance do seu próximo traballo discográfico, que se agarda para finais deste ano.
Cómpre destacar tamén a participación no espectáculo dos bailadores da A.C.F. O Fiadeiro, que executarán coreografías deseñadas especialmente para as melodías de Sondeseu. Música e baile irán da man ao longo dun espectáculo de primeiro nivel ofrecido por dúas agrupacións plenamente consolidadas no panorama artístico e de impecable traxectoria por escenarios de Galicia e Europa. 

Concerto da OFG SondeSeu
Auditorio Municipal de cangas
18 de Maio
21:00 Hs.
Entradas á venda na ACF Tromentelo, Salasón, Cafetería O Tostadeiro,
e na billeteira do Auditorio (o mesmo día do concerto)
Prezo: 8 EUR anticipada. 10 EUR na billeteira

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego