25 maio 2013

GALAXIA ETRAD. Rodrigo Romaní faise cun dobrete nos Premios Opinión

O prestixioso músico, director da ETRAD e da Orquestra Folk SondeSeu, Rodrigo Romaní, fíxose con dous dos tres galardóns concedidos na noite do venres 24 na gala da XII edición dos Premios Opinión.
Foi nas categorías de Mellor Canción con "Terra de Melide" e Mellor Artista. Compositor e responsable de numerosas producións, a finais do pasado ano editaba "As Arpas de Breogán". Centrado no instrumento co que máis se identificou na súa carreira e polo que aparecía nominado nas tres categorías que conceden estes premios centrados na música Folk. O grupo Luar na Lubre obtivo o premio ao mellor traballo discográfico por "Mar Maior".
Na ETRAD congratulámonos co recoñecemento ao talento deste músico co que temos a honra de compartir traballo e proxectos, e felicitamos aos compañeiros premiados e finalistas, exemplo do amplo espectro creativo presente na música folk do noso país.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego