13 maio 2013

Oscar Ibáñez presenta o seu disco “ALÉN do MAR” . ETRAD, Venres 24 de Maio. 19,00h



Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.
Venres, 24 de maio
19h no Auditorio Milladoiro
Entrada libre ata completar o aforo



Oscar Ibáñez

Nado en Pontevedra en 1976. Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega e cursou estudos oficiais de frauta de bico.
Acadou máis de corenta de premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio converténdose nun dos gaiteiros galegos máis galardoado tanto en dixitación aberta como pechada.

Como músico e produtor aparece en numerosos traballos discográficos como: Alén do mar (VIR, 2012), Son de Poio (Ed. do Cumio, 2009), Musgafol: gaita e piano (Dos Acordes, 2009), Foliada nas Rías Baixas: Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre (Ed. do Cumio, 2008), Agrupacións de Pontevedra: Agrupacións da Provincia (Deputación de Pontevedra, 2008), A música que facemos (Xunta de Galicia, 2008), Himnos e Marchas Procesionais de Galicia (Clave Records, 2007), paidacana12 (Ed. do Cumio, 2006), De ruada en Bos Aires (Ed. do Cumio, 2006), In Mare (Ed. do Cumio, 2003) y Ruta Folk: Terra Galega (Disco Trompo, 1998) entre outros.

Participou en importantes festivais coma o Festival Intercéltico de Lorient, Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico do Morrazo ou o Festival Folk Canarias. Así mesmo colaborou en diferentes proxectos con gaiteiros galegos de renome como Paulo González, Iván Costa, Edelmiro Fernández ou Pablo Devigo e cos internacionais Patrick Molard, Diarmaid Moynihan, Ventzislav Andonov.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego