04 xuño 2013

EXTRAESCOLARES ETRAD. Concerto de “Alboroque”. Mércores 5 de xuño. 20 horas. Auditorio Milladoiro. Entrada libre e de balde ata completar aforo




O mércores 5 de xuño ás 20h no Auditorio Milladoiro da escola, teremos o pracer de escoitar ao grupo “Alboroque”, no que será o seu derradeiro concerto dunha xira de nove que dende Xaneiro ven ofrecendo en distintas vilas de Galicia. Alboroque está composto polos alumn@s de conxunto intrumental do 5º curso da ETRAD.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

Cunha particular formación de instrumentos acústicos galegos, este novo grupo de música tradicional  agasalla a quen o escoite cun singular repertorio que vai do estilo máis tradicional ao contemporáneo, incluindo pezas tradicionais de aquí e acolá e mesmo creacións propias."

Susana: arpa
Teresa: requinta, voz
Marilú: percusión, voz e pandeireta
Kiti: zanfona, voz
Helena: zanfona, voz
Rebeca: zanfona,
Ana: gaita
Carlos: gaita
Vero: gaita, voz e pandeireta

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego