06 xuño 2013

EXTRAESCOLARES ETRAD. Concerto de Arpa Clásica: Alba Barreiro. 20:30hs. Hemeroteca Fernando Conde. EMAO. R/ García Barbón, 5. Entrada libre e de balde ata completar aforo

O xoves 6 de xuño ás 20:30h, na Hemeroteca Fernando Conde da Escola de Artes e Oficios,  teremos o pracer  escoitar a unha xovencísima e espectacular arpista galega:  Alba Barreiro.
Antiga alumna da ETRAD e excompoñente da orquestra folk Sondeseu. Interpretará obras de Ton-That Tiêt, P.I. Tchaikovsky, J.S. Bach e M.Tournier.
Xoves, 6 de xuño de 2013
Ás 20:30h
Hemeroteca Fernando Conde, Escola de Artes e Oficios
Entrada libre e de balde ata completar o aforo

Alba Barreiro
Nada en Vigo un 28 de Xuño de 1988, esta xoven arpista inicia os seus estudos musicais ós 11 anos de idade cursando piano na escola musical “Orpheo” con Ruth Lago e posteriormente no conservatorio “Mayeusis”. No ano 2000 matricúlase en arpa celta na “Escola de Artes e Oficios de Vigo” onde empeza o seu camiño arpístico baixo a tutela de Rodrigo Romaní. En 2002  é admitida no Conservatorio Profesional de Música de Vigo en piano ao tempo que comeza a estudar arpa clásica movida polas suas inquedanzas musicais  recibindo “Master-class” de Cèline Landelle. En 2007 accede ó Grado Superior del Conservatorio de Música da súa cidade, cursando durante un ano os seus estudos como pianista. En 2008, tras oito anos compatibilizando os estudos de piano cos de arpa, se decanta pola segunda como instrumento principal de estudo. En setembro dise mesmo ano é admitida no Conservatorio Superior de Música de Salamanca, onde recibe clases de Marianne ten Voorde, integrante da Orquesta Sinfónica de Castilla y León. En 2009 é admitida en Musikene (Donostia/San Sebastián), centro de referencia musical a nivel europeo – e sen dúbida un dos mellores na disciplina da arpa clásica – con Frédérique Cambreling, arpista de recoñecido prestixio internacional, como docente diste instrumento. Actualmente continúa os seus estudos en Musikene con Christine Icart, gañadora dun dos premios máis importantes no mundo da arpa, o Lily Laskine.
-Gravou 3 álbumes coa Orquestra folk Son de Seu (2004, 2007, 2010) coa que realizou xiras nacionais e internacionais, tocando en festivais de gran prestixio no mundo do folk como o de Lorient (Francia)
-Gravou 3 bandas sonoras de películas: Pradolongo (2007); Los girasoles Ciegos (2008);  A Casa de Luz  (2009)
- Dende 2007 ata 2011 actuou como solista da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia
-Ofreceu varios concertos coa Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Castilla y León e Orquesta Sinfónica de Euskadi, así como en orquestras semiprofesionais como a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e a Orquestra Gaos, dende 2006.
-Arpista habitual da Banda Municipal de Música da Coruña, realiza numerosas colaboracións con Bandas De Música dende Certames Provinciais ata Internacionais, abranguendo bandas de toda a xeografía estatal.

Interpretará as seguintes obras:

1.     Chu k`y III,  Ton-That Tiêt

2.     P.I. Tchaikovsky


Nocturno Op.19 nº4
Valse Op.40 nº9

3.     Suite III  B.W.V. 997, J.S. Bach


Preludio
Sarabande
Gigue-Double

4.     Sonatine, M.Tournier


Allegrement
Calme et expressif
Fièvreusement




Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego