20 xuño 2013

NOVA DATA DO CONCERTO DE FIN DE ESTUDOS DA ETRAD. MARTES 25 DE XUÑO. 19 HORAS. VÁLIDAS INVITACIÓNS RETIRADAS PARA A DATA PREVIA


O concerto cancelado o pasado mércores 19 de xuño por causas alleas á ETRAD, vai ter lugar o vindeiro martes 25 de xuño.

 Inés Lorenzo Estévez (arpa céltica), Teresa Gómez Fernández (zanfona), Beatriz Martínez Gómez (arpa céltica) e Samuel Soto Macía, ofrecerán, cada un deles, un concerto de 40 minutos preparado para a ocasión durante este último curso.
Agardamos a vosa asistencia para disfrutar do talento e a creatividade deste catro excelentes músicos que tanto van dar que falar no eido da música folk e tradicional do noso país.

PARA ASISITIR É NECESARIO ACUDIR COA INVITACIÓN RETIRADA PARA A  DATA DO CONCERTO CANCELADO.

CONCERTO FIN DE ESTUDOS
Data: MARTES 25 DE XUÑO.
Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL
hora: 19 horas.
Entrada por invitación:
Dúas invitacións por persoa.
Na secretaría da ETRAD desde o 12 de xuño 
(de 16 a 19hs). R/ García Barbón. nº5. Vigo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego