06 xullo 2013

A Orquestra Folk SondeSeu grava na ETRAD o seu 4º álbum discográfico.

A Orquestra Folk SondeSeu está a gravar na ETRAD esta 1ª fin de semana de xullo as músicas que integrarán o cuarto traballo discográfico da formación. Tres anos despois do premiado "Barlovento" (Premio Opinión ao mellor disco folk 2011 e Premio da Crítica de Música 2011), SondeSeu convirte o Auditorio Milladoiro da ETRAD no seu estudio para firmar nove temas que están a ser rexistrados polo estudio móbil de "Casa de Tolos". Agardamos o resultado desta banda, pioneira nacida do seo da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional que se ten convertido en todo un referente no folk europeo.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego