18 agosto 2013

CONCERTO NO AUDITORIO DE CASTRELOS. FESTIVAL DA REDE EUROPEA DE ORQUESTRAS FOLK. DOMINGO 18. A PARTIR DAS 20:30 hs. Entrada de balde

O Festival da Rede  Europea de Orquestras Folk (ENFO nas siglas en inglés), chega ao seu día grande, logo de percorrer con 13 intervencións as rúas de Vigo, cun concerto no Auditorio de Castrelos o domingo 18 de Agosto a partir das 20:30hs polo que desfilarán os músicos do Royal Conservatoire Ensemble, da Sibelius Academy Folk Big Band e da SondeSeu Orquestra Folk de Galicia. Máis de oitenta músicos que estarán a ofrecernos unha excepcional mostra do talento interpretativo e da enerxía que despregan estas formacións de recente creación na Europa, e das que a ETRAD e SondeSeu teñen sido as grandes pioneiras á hora da súa concepción. O concerto inclúe unha suite conxunta de temas, escoceses, fineses e galegos. Sin duda unha ocasión única para comprobar que as músicas patrimoniais europeas gozan dunha calidade e unha vitalidade excepcionais. A entrada é de balde. Para non perder!



Domingo 18 de agosto 2013

12:00 – 12:45    Piemonte Artemotiva Band na rúa do Príncipe

12:45 – 13:30    Aula de Canto Popular da ETRAD na Praza da Princesa

20:30               Concerto no auditorio de Castrelos:
                       Royal Conservatoire of Scotland Band (Escocia)
                       Sibelius Academy Folk Big Band (Finlandia)
                       Sondeseu Orquestra Folk de Galicia

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego