06 agosto 2013

2ª CONFERENCIA ENFO


Os vindeiros 16 , 17 e 18 de Agosto, dentro das actividades desenvolvidas pola Rede Europea de Orquestras Folk, Vigo vai acoller o 2º Encontro  ENFO.
Novamente poderemos disfrutar na nosa cidade da música traída dende Finlandia e Italia pola  "Sibelius Folk Big Band" e os membros de "Artemotiva", contando nesta ocasión tamén cos escoceses da "Royal Conservatoire of Scotland".
O concerto que vai ter lugar no Auditorio de Castrelos o domingo 18 vai ser o colofón de tres días ateigados de actividades véncellas á cultura musical dos catro países participantes neste encontro e as cales vanse desenvolver, en horario de mañán e tarde, en diferentes espazos do casco vello como a praza da Princesa ou a praza da Constitución, entre outros.
A participación dos alumnos da ETRAD será de vital importancia: a banda de gaitas, grupos de pandeireteiras e unha agrupación de violíns ofrecerán concertos e pasa rúas de música galega que se mesturararán coas distintas intervencións de rúa das orquestras da ENFO, facendo que o casco vello e a rúa Príncipe se convertan durante tres días nun fervedoiro de músicas europeas tradicionais.
Tódalas actividades serán de balde.


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego