21 setembro 2013

A OFG SONDESEU GRAVA EN SETEMBRO NA ETRAD A 2ª PARTE DO SEU NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO

Do xoves 19 ao domingo 22 de setembro, a OFG SondeSeu grava na ETRAD a segunda parte do seu novo traballo discográfico que verá a luz o mes de decembro de 2013. Para a gravación desprazouse o estudio móbil de Casa de Tolos aos mandos de Segundo Grandío. As tomas realízanse no auditorio da ETRAD. O novo traballo de SondeSeu incluirá 9 temas compostos e arranxados na súa meirande parte polos mestres da escola. Mención especial ao traballo de Rodrigo Romaní que asina cinco das nove obras presentes no repertorio do cuarto disco da orquestra nacida nesta escola.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego