01 outubro 2013

NOVAS ETRAD. ABERTA A INSCRICIÓN PARA AS AULAS ABERTAS DO CURSO 2013-14.


O 1 de outubro, ábrese desde as 16:00 horas o prazo de inscrición nas Aulas Abertas da ETRAD.  A inscrición será presencial e a admisión seguirá a orde de presentación de impresos.
As aulas comezarán o luns 4 de novembro. Precísase ter instrumento propio e dominio medio do mesmo.
Aquí tedes as Aulas, prazas e horarios:
  • Acordeón Diatónico. Martes de 20 a 21h. 6 prazas.
  • Arpa Céltica. Mércores de 19 a 20 h. 10 prazas.
  • Banda de Gaitas. Venres de 19 a 21 h. 25 gaitas, 5 tamborís, 1 bombo, 5 pandeiretas.
  • Cantares populares de troula. Mércores de 16 a 17h. 30 prazas.
  • Corda Frotada. Xoves de de 17 a 18h. 12 violíns, 6 violas, 3 cellos, 1 contrabaixo.
  • Coro. Venres de 19 a 21h. 15 voces masculinas e 15 voces femininas
  • Pandereteiras. Mércores de 20 a 21h. 15 prazas
  • Requinta e corda pulsada. Martes de 19 a 20h. 5 requintas, 5 prazas de corda pulsada.
  • Zanfona. Martes de 20 a 21h. 14 prazas

Inscrición na secretaría da ETRAD. 
  • Mañás: de 11 a 14 horas.
  • Tardes: de 16 a 19 horas.
Documentación a entregar: impreso de inscrición (que se facilitará en Conserxería) e fotocopia do DNI ( agás os que xa formen parte do alumnado da escola)
ETRAD
García Barbón, 5
36201 Vigo
tl 986228087 - 986228088


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego