14 novembro 2013

A ETRAD NO BARCELONA FIDDLE CONGRESS. 15-17 DE NOVEMBRO


A ETRAD estará presente no Barcelona Fiddle Congress que se celebra do venres 15 ao domingo 17 de novembro na Cidade Condal, da man do seu mestre de violín, Alfonso Franco, quen presentará unha ponencia arredor da experiencia pedagóxica na nosa escola, onde a especialidade de violín folk ten experimentado un grande crecemento de matrícula nos últimos anos.  Este instrumento coñecido pola súa denominación en inglés: Fiddle, que designa todos aqueles estilos que quedan abeirados da denominada música culta, apréndese na ETRAD baixo un criterio pedagóxico que posibilita a rápida inclusión dos alumnos nos grupos de fiddlers con maior experiencia grazas ao seu uso como acompañante rítmico inspirado no xeito tradicional de tocar a pandeireta, xunto á aprendizaxe de melodías sinxelas.
A ETRAD contará coa presenza dos tamén mestres da escola, Begoña Riobó, Anxo Pintos e Xosé Liz, xunto a un grupo de alumnos e músicos da OFG SondeSeu, e amosará nun stand compartido coa Asociación Galicia Fiddle, a súa oferta educativa arredor da community music, o ensino profesional e as experiencias no eido do emprendemento cultural.

O Barcelona Fiddle Congress está organizado pola ESMUC con Oriol Saña á cabeza. Están acreditados no BFC unha parte moi significativa do fiddle contemporáneo de Europa e América entre os que se atopan Hanneke Cassel e Mike Block que nos visitarán na ETRAD o vindeiro mércores 20 de novembro en colaboración coa A. Galicia Fiddle.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego