17 decembro 2013

Sae á rúa "Danzas Brancas". Cuarto traballo da Orquestra Folk SondeSeu

Sae á rúa o 17 de decembro, Danzas Brancas é o cuarto traballo da Orquestra Folk de Galicia Sondeseu  que segue a liña trazada polos anteriores cun indiscutible selo de calidade, innovación e proxección da música de tradición oral dende a perspectiva da creación colectiva. Este novo traballo contén temas de músicos galegos de recoñecido prestixo vinculados á propia orquestra como Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz e Rodrigo Romaní, así como unha versión de "O Mandil" un dos temas máis emblemáticos de Berrogüetto, arranxado especialmete para a orquestra polo seu autor: Quico Comesaña 
Danzas Brancas, conta coa  colaboración de Kepa Junquera que nesta ocasión se funde cos máis de corenta instrumentistas que forman a primeira orquestra folk de Europa. 
Danzas Brancas resulta ser unha evocación da tradición personificada nun tipo peculiar de danza vinculada a celebracións relixiosas con forte influenza de elementos pagáns anteriores, mesmo referenciados na idade media. A gravación reflicte con fidelidade o ambiente e a enerxía que Sondeseu transmite nos seus directos, cheos de forza e poder de comunicación.
Danzas Brancas está dispoñible nas mellores tendas, Itunes Store e na propia web da orquestra: www.sondeseu.org

1 comentario:

giaonhan247 dixo...


Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

FadoExpress là một trong những top công ty chuyển phát nhanh quốc tế hàng đầu chuyên vận chuyển, chuyển phát nhanh siêu tốc đi khắp thế giới, nổi bật là dịch vụ gửi hàng đi nhậtgửi hàng đi pháp uy tín, giá rẻ

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego