20 novembro 2013

EXTRAESCOLARES ETRAD. Hanneke Cassel & Mike Block na ETRAD. Auditorio Milladoiro. Mércores 20 de novembro. 21hs

Hoxe mércores 20 de novembro, vai ter lugar no auditorio Milladoiro da ETRAD unha pequeña mostra do saber musical de dous artistas de primeiro nivel mundial. Trátase de Mike Block e Hanneke Cassel, dúas primeiras figuras do mundo do fiddle. Mike Block é mestre na Universidade de  Berklee en Boston e xira xunto a Yo-Yo Ma no Silk Road Ensemble, onde tamén colabora puntualmente a gaiteira ourensá Cristina Pato. Hanneke Cassel é unha das violinistas alternativas cunha traxectoria máis salientable no mundo do fiddle. Ten gravados seis álbumes e fará a presentación mundial do seu último cd en Galicia.

O pequeno concerto irá precedido dunha demostración da súa técnica e unha explicación do estilo que cultivan. Presentarán tamén o curso a desenvolver a vindeira fin de semana na sé da Asociación Cultural Galicia Fiddle, convalidable por 8 horas de aulas extraescolares da ETRAD. Queremos agradecer a súa xenerosa colaboración por facer posible a súa presenza na escola. 

A actividade dará comezo as 21:00 hrs. e terá unha hora de duración. A entrada é libre ata completar o aforo

Hanneke Cassel & Mike Block
Auditorio Milladoiro. 
Mércores 20 de novembro. 
21hs.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego