19 novembro 2013

Galaxia ETRAD. Javier Feijoó "Chisco" na VII Gala "Esta noite hai unha fía"

Día: Domingo 24 de novembro

Hora: 12.00
Lugar: Cine Teatro Salesianos de Vigo (R/ Venezuela Nº3 - 36205 Vigo)
Prezo entradas para soci@s: 3,00 euros
Prezo entradas para non soci@s: 5,00 euros
Venda de entradas anticipadas no local de O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo - Vigo)

Reserva as túas entradas no 629 585 355


Aforamento limitado.


O vindeiro 24 de novembro o Cine Teatro Salesianos acollerá a representación en Vigo da sétima edición da Gala Esta noite hai unha fía, que leva a cabo a agrupación folclórica O Fiadeiro. Co subtítulo , e ao longo de dez escenas, o espectáculo debulla pezas de música e baile tomando como fío argumental os cantos propios dos oficios tradicionais exercidos en Galicia ata ben entrado o século XX. Así, cada escena comeza coa escenificación dun oficio ou labor por parte dos propios artistas que interpretan os cantos, seguidos de músicas e bailes procedentes da mesma área xeográfica na que eses cantos foron recollidos.

O espectáculo, ideado por Miguel Souto, reúne a un total de cincuenta artistas entre músicos (dirixidos por Rafael Crespo), pandereteiras e pandereteiros (seccións a cargo de Javier Feijoó (Chisco)) e bailadores (baixo a dirección do propio Souto), no que constitúe un reflexo da ampla variedade de ritmos e xeitos de bailar e tocar existentes en Galicia. Esta variedade ten a súa manifestación incluso no relativo á vestimenta, xa que cada baile conta cun vestiario diferente.

Segundo a propia entidade, o evento é.

O contido do espectáculo está integramente baseado no traballo de campo desenvolvido por todas as bisbarras galegas polos membros da agrupación desde a súa fundación en 1996. Este traballo, xunto coa calidade da posta en escena do material recollido en vilas e aldeas converten ao Grupo para a recollida de bailes, músicas e cantares O Fiadeiro nun dos máis salientables do país no tocante á difusión do folclore.


Aproveitando este acto como unha despedida do noso espectáculo avanzaremos tamén os novos proxectos da asociación en canto a nova imaxe corporativa.
Así mesmo todos os asistentes poiderán apoiar tamén a candidatura do Baile e Música de Galicia Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego