10 decembro 2013

EXTRAESCOLARES ETRAD. CLASE MAXISTRAL DE RUSHAD EGGLESTON. MÉRCORES 11 DE DECEMBRO. AUDITORIO MILLADOIRO 21HS.

O mércores 11 de decembro contaremos na escola cun dos grandes nomes do chelo alternativo nos EUA: Rushad Eggleston, coñecido entre os seus colegas por seren un xenial armonizador e creador de patróns rítmicos, ofreceranos unha clase maxistral seguido dun pequeno concerto nos que poderemos disfrutar da súa técnica virtuosa, talento para o espectáculo e unha infecciosa  paixón musical fundamentada na música clásica, mais moi influenciada polo rock, bluegrass, hip-hop e outros estilos alternativos. Este incrible chelista alcanza novos níveis de creatividade até agora reservados para outro tipo de instrumentos.
Rushad está de xira por España da man da A.C. Galicia Fiddle, quen organiza en Xustáns un curso esta fin de semana. A súa estancia vaise ver completada coa  súa participación no concerto de presentación de "Danzas Branzas", o último traballo discográfico da OFG SondeSeu dentro do Concerto de Nadal organizado pola Universidade de Vigo a celebrar o 18 de xullo.



Clase maxistral
Rushad Eggleston
Mércores 11 de decembro de 2013
Auditorio Milladoiro
21hs
Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego