25 febreiro 2014

A OFG SondeSeu en Compostela. Sábado, 01 de marzo de 2014. 20:30 hs. Auditorio Novagalicia Banco. Xira presentación "Danzas Brancas"

Coa edición do seu cuarto disco, 'Danzas Brancas', Sondeseu confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man.
Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola da Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a primeira orquestra estable de Europa con repertorio folk: unha formación de corenta músicos que interpretan música tradicional de Galicia arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas.
A súa  irrupción no panorama folk, na edición de 2004 do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, foi referendada por unha enorme aceptación entre os públicos más heteroxéneos, tanto de España como de Europa. A combinación de instrumentos tradicionais e outros procedentes do folk  dá lugar a un timbre único, tan característico desta formación como a enerxía que se desprende do escenario e que, invariablemente, acaba contaxiando á audiencia.
preme aquí para mercar a túa entrada

Lugar: Auditorio Novagalicia Banco
Hora: 20:30
Data: sábado, 01 de marzo de 2014
Prezo: Patio butacas e Anfiteatro 1: 8 euros (anticipada) / 11 euros (billeteira) Anfiteatro 2: 6 euros

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego