01 marzo 2014

A OFG SondeSeu obtén dúas nominacións aos Premios Opinión por "Danzas Brancas"


O venres 28 de febreiro déronse a coñecer os finalistas á XIII edición dos Premios Opinión, nos que se valoran o mellor traballo discográfico, mellor artista e mellor tema orixinal do ámbito da música folk galega. A OFG SondeSeu, dirixida por Rodrigo Romaní, mereceu segundo o xurado figuraren como candidata ao premio ao mellor traballo discográfico polo seu 4º traballo discográfico: "Danzas Brancas", e unha segunda nominación na categoría de mellor tema orixinal con "Sil lenzo" composto por Anxo Pintos.
A orquestra vencellada á ETRAD, repite nominación  a mellor traballo nestes premios, logo de obter con "Barlovento" o premio a mellor álbum en 2011.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego