28 marzo 2014

Presentación do CD-DVD “Serán en Toutón” das Pandereteiras de Toutón. ETRAD. 4 de abril. 19 horas. Auditorio Milladoiro

"Toutón é xa sinónimo de canto e pandeireta en toda a terra galega, pola súa riquísima tradición. Situada ao norte do concello de Mondariz , enmarcada nunha grande área do interior-sur da provincia de Pontevedra, onde a música tradicional, e sinaladamente o canto.

Entre os meses de novembro e marzo, cando os días son curtos e o traballo ía afrouxando, a mocidade das aldeas xuntábase para facer ela mesma un baile onde cantar, tocar e, sobre todo, namorar. Estes bailes recibían moi diversos nomes dependendo da zona: ruada, foliada, fiadeiro, polavila, trisca… e, nas comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e algún concello lindeiro máis, a estes bailes de pandeireta invernais adóitaselles chamar seráns."

O traballo contén un Cd con 26 cantares gravados en estudo (agás un, homenaxe a Angelito O Xesteiro, finado pouco antes da gravación do traballo); e un DVD con outras 13 pezas gravadas en video, para poder ver o xeito de tocar e tamén de beillar; ademais de videos recentes dos seráns (unha recolla de 2005 e un breve documental do 2011), e un par de cortes en video da labrada recreada en 2002, cos cantares da aña e máis das labradas. Este DVD inclúe tamén un cartafol con outros 11 cantares que constitúen a "Cara B" do Cd e as correspondentes letras; e máis unha audio-entrevista a Esmeralda Amoedo (a tocadora máis veterana) sobre fotomontaxe.
Ademais, inclúe un folleto explicativo de 24 páxinas arredor da tradición dos seráns, as labradas, o ciclo do Nadal... que contén ademais as letras dos cantares do Cd.

Venres 4 de abril
19h
Auditorio Milladoiro
Entrada libre ata completar o aforo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego