11 marzo 2014

SondeSeu en Lugo Sábado 15 de marzo 20:30. Auditorio Municipal Gustavo Freire. Xira presentación "Danzas Brancas"

Foto: Nando Pérez
Logo de ter pasado polas vilas de Vigo, Carballo, Ourense, Compostela e A Coruña, seguen os concertos da xira de presentación do 4º traballo discográfico da orquestra da ETRAD que leva por título "Danzas Brancas". A OFG SondeSeu chega ao Teatro Gustavo Freire o sábado 15 de Marzo co concurso dos 45 músicos formados na súa meirande parte na ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo) que compoñen a formación. SondeSeu vén de seren nominada como finalista en dúas das tres categorías que presenta a XIII convocatoria dos Premios Opinión: Mellor Tema Orixinal e Mellor Álbum. 

Danzas Brancas presenta unha selección de 9 temas arranxados para a orquestra por algúns dos grandes nomes do folk galego como o propio director da orquestra, Rodrigo Romaní, ou Xaquín Xesteira, Xosé Liz, Anxo Pintos e Quico Comesaña. Estes soarán no Rosalía xunto a unha escolma dos temas máis destacados dos seus anteriores CDs.
preme aquí para conseguir as túas entradas: Entradas SDS Lugo

SondeSeu en Lugo

Sábado 15 de marzo
20:30. 
Auditorio Municipal Gustavo Freire
XIRA PRESENTACIÓN DANZAS BRANCAS

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego