28 abril 2014

EXTRAESCOLARES ETRAD.Monográfico: Actuar en público. Como combater a ansiedade escénica. Anxo Pintos. Venres 9 de maio

Monográfico: Actuar en público. Como combater a ansiedade escénica. Técnica, trucos e práctica. Anxo Pintos


Falarase das nocións básicas sobre a estrutura e organización cerebral, o funcionamento e importancia dos neurotransmisores, a comunicación non verbal, os temperamentos e os mapas representacionais. A parte práctica levarase a cabo con exercicios de dicción e movemento corporal para facilitaren a desinhibición e reducir o bloqueante peso do sentido do ridículo. Consellos prácticos  sobre como domesticar a ansiedade psicosomática ante o impacto de someterse a unha experiencia escénica. Escenificación creativa.

Venres 9 de maio
16h – 19h
Auditorio Milladoiro
Número de prazas: 25
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h
Último día de matriculación: 7 de maio
Matrícula aberta a alumnos e non alumnos da escola

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego