20 maio 2014

DAROL ANGER & EMY PHELPS NA ETRAD. Xoves 22 de Maio de 2014. 20 horas. Auditorio MIlladoiro

A ETRAD ten a honra de contar coa presenza de Darol Anger & Emy Phelps o xoves 22 de Maio ás 20 horas no Auditorio Milladoiro.
Violinista , compositor , productor e educador, Darol Anger navega moi ben nunha grande variedade de estilos musicais, alguns dos cales axudou a inventar, sendo considerado o pai do new bluegrass. Os seus discípulos son a nova xeración de fiddlers americanos. Pasará ademais á historia como o inventor do derradeiro dos golpes de arco incorporado á técnica do violín e chelo: "O CHOP", unha nova técnica que permite aos instrumentistas de corda auto-acompañarse percutivamente, ao tempo que tocan o seu instrumento.
Excepcional entre os violinistas modernos pola sua versatilidade e profundidade, Anger axudou a impulsar a evolución das agrupacions de corda contemporánea a través da sua participación en numerosos conxuntos pioneiros como Republic Of StringsTurtle Island String QuartetDavid Grisman QuintetMontreux ou o seu Duo con Mike Marshall entre outros.
Tivo actuado e ensinado en todo o mundo con músicos como Dr. Billy TaylorBela FleckBill EvansEdgar MeyerDavid Grisman, a Sinfónica de DetroitMark O'Connor e Stephane Grappelli. Na actualidade participa en varios proxectos musicais, entre eles o novo dúo con Emy Phelps, coa que tamén colabora no grupo The Furies e que será a formación que teremos a oportunidade de disfrutar na xira que levarán adiante por Galicia neste mes de Maio.
Como curiosidade, decir que foi o violinista no tremendamente popular xogo de ordenador Sim City. Ademais de tocar en todo o mundo, grabou decenas de discos fundamentais na historia do fiddle. Foi solista en ducias de grabacions e bandas sonoras de películas. É profesor na mais prestixiosa escola de música popular do mundo: Berklee College of Music. Recentemente comezou un ambicioso proxecto de escola de fiddle enArtistWorks.com.
Absolutamente recomendable!


Darol Anger & Emy Phelps

ETRAD

R/ García Barbón, 5 - Vigo

Xoves 22 de Maio de 2014

20 horas

Auditorio MIlladoiro

Entrada de Balde ata completar aforo


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego