17 outubro 2014

A ETRAD e SONDESEU no 29º EURORADIO WORLD MUSIC WORSHOP. 22 de outubro. 14hs.

Organizado pola EBU (European Broadcasting Union), o EURORADIO WORLD MUSIC WORSHOP, celebra a súa 29ª edición na cidade de Santiago de Compostela, dentro dos eventos que arredor do WOMEX, -un referente entre feiras dedicadas ás de músicas do mundo de todo o planeta-, se celebran na capital de Galicia.

O vindeiro día 22 de outubro, entre as diversas táboas redondas nas que se falarán sobre destacadas experiencias das músicas patrimoniais dos cinco continentes, o director de SonDeSeu e da ETRAD, Rodrigo Romaní, participará xunto a Katrin Wilke (ALE), no espazo dedicado a Galicia e España baixo o enunciado: Living Culture in Galicia, Romaní terá ocasión de expoñer tanto o importante traballo pedagóxico e formativo que se leva a cabo na Escola de Música Folk e Tradicional de Vigo, así como o labor desenvolvido na orquestra folk SonDeSeu como experiencia pioneira e singular dentro do ensino e a práctica escénica que teñen por obxecto o uso do patrimonio musical e organóloxico populares.

EURORADIO WORLD MUSIC WORSHOP
Organiza: EBU (European Broadcasting Union)
22 de outubro
Lugar: Radio Galega

14:00 Galicia and Spain
 -  Katrin Wilke (freelance, Germany): being the Spain connection for radio and other media.
 -  Living culture in Galicia – introduction by Rodrigo Romaní, the Galician harp player, director of  ‘SonDeSeu’ and ETRAD. Prof. of traditional music. 

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego