3/2/15

Extraescolares ETRAD. Concurso de coplas entroido 2015


ENTROIDO 2015


Como cada ano, a ETRAD  fai unha convocatoria aberta a alumnos, mestres, familiares e simpatizantes da escola para celebrar a chegada do Entroido.

Lugar: Auditorio Milladoiro da ETRAD
Data: Venres 13 de Febreiro ás 17,00h.

Concurso de coplas 2015
Retomando unha idea de anos anteriores, convocamos un concurso de coplas aberto a toda a cidadanía de Vigo.

· Para concursar: Insertar no blog da ETRAD, ao pe da convocatoria do concurso, cantas coplas queirades en forma de comentario.
· As coplas que opten ao concurso deberán  incluir un seudónimo que conteña as tres últimas cifras do seu DNI, co obxecto de certificar a súa autoría na entrega de premios.
· De entre todas as coplas propostas, o xurado escollerá UNHA gañadora  e cinco accésits .
· Cada unha das coplas premiadas cun accésit recibirá como premio o último disco do grupo Treixadura: “Vendima tarda”.
· O primeiro premio recibirá un lote variado de discos de folk e música tradicional (1)
· O xurado estará composto por catro mestres da ETRAD escollidos entre os mellores do mundo e a súa decisión será practicamente inapelable.

Os retrousos serán escritos pola moi excelentísima organización do evento, e xunto coas coplas gañadoras publicaranse, para a súa aprendizaxe, no blog da ETRAD o mércores día 11.

A “Supercopla”, gañadora do lote de discos será escollida por votación popular entre os asistentes o mesmo venres 13. (2)


(1) No caso de que a autoría da copla gañadora coincida con unha ou varias das outras das coplas premiadas na modalidade de accesit, o agasallo correspondente ás mesmas será sorteado entre os asistentes que veñan disfrazados.

(2) No caso de que algún dos propietarios intelectuais das coplas gañadoras non esté presente no acto de entrega dos premios, ou non poda demostrar a súa autoría, o seu agasallo será sorteado entre os asistentes ao mesmo que veñan disfrazados.



PROGRAMA

·      Reunión no Auditorio Milladoiro ás 17,00h
·      Votación popular para escoller a “supercopla”
·      Entrega de premios aos gañadores
·      Aprendizaxe das coplas e ensaio das melodías escollidas

·      Pasarrúas polo centro de Vigo

33 comentarios:

Nandiño dijo...

Cal é a extensión máxima das coplas? Hai que presentar unha por cada unha das melodías (pasodobre e xota)?

Frade265 dijo...

(Coa Música do “Pasodobre de Tomiño”)
Chega a comparsa do Entroido, xa está a ETRADe na praza,
máis será con moito tento, por se nos pilla, a “lei mordaza”.
Mais se a superioridade, múdanos “efes” por “haches”,
en menos que canta un galo, imos montarlle, un bo “escrache”.
A copla que aquí deixamos, en galego vai cantada,
por máis que o Xesús Vázquez, diga que é lingua amortizada .

Pra a cadea vai Castiñeiras, que roubou o Calixtino,
mentres no estranxeiro o Rato, libra do trullo, por sibilino.
E non nos parece mal, que sexa maior delito,
o de arramplar coa Cultura, que agasallarse, cun “sobrecito”.
Mais a forza de ser xustos, temos que recoñecer-e
que guindar coa sanidade, máis delito tería que ser-e .

O noso alcalde empeñouse, co do barco na rotonda,
e algúns dos nosos veciños, queren guindalo, a el pola borda.
E ben faría o rexidore, e volver polo no mare,
que de Coia a Lavadores, ninguén un barco, viu navegare.

Anónimo dijo...

XOTA DE VILAR

O alcalde de Vigo
chegou nun barco varado(bis)
atracou nunha rotondaaa
vai sairun alghoes caldadooo.
La La La...

O Alcalde de Vigo
Non lle chegha ir en Avión
que quere un barco que o leve
de Coia á estación...
La La la....

Non vos teis que preocupare
estamos nun bó momento(bis)
xa temos unhas escadas
pra cheghar ó Axuntamento.
La la la...


O Barcenas que nos veña
facer contabilidade(bis)
eu gosto tamén coma eles
de cartos sen traballare..
La la la....


QUEN TEÑA VIÑO

Xaquin Xesteira
non pode vire
connosco á noite a unha foliada
sei que non sabe Ei Ei!
sei que non poido
levar co metronomo a peza maiada.

Pasoulle o Chuco
de estar á noite
mirando as clases no ordenador da escola
non necesita !Ei Ei!
mais de mil cables
pa conectarlle ó aparello á consola..

Ou mestre Anxo
vou compoñere
en mixofrigiolocriodorio
e vegano
a harmonía
deixeina toda
o encargare para o frío
o butano.
957








Anónimo dijo...

el estaba na beira do mare
as omdas o abaneaban
estaba moi tranquiliño
hoxe o queren castigare

onde había unha arboreda
hoxe hay cemento vivo
queren por alí o barquiño
castigo non merecido

voltai pór os arboliños
que nós os necesitamos
se queremos ver barquiños só temos quir ós peiraos
748

Esqueiriño726 dijo...

Fun buscar o dorneiro,
orella, pezuño, touciño,
pro pote do entroido,
que xa ven de camiño.

Xa chegou o entroido,
ten cara de alegría,
bailador e jaruleiro,
sera home ou maría?

Vigo ten unha escola,
de música populare,
todos poden ir a ela,
por elo non vas paghare.

Hai un mestre na escola,
non é o señor aquele,
gran gaiteiro e persoa,
señor equis equis ele.

Esqueiriño726 dijo...

Mentiras e diritambos,
prometen o empezare,
son falsos e embusteros,
non te deixes enganare.

Jauría de lobos famentos,
alguns son edres sin fondo,
nunca estan satisfeitos,
quitan fala e pensamento.

Eses que rouban o povo,
coidadoEsqueiriño nos vaias votar,
eses que trincan do povo,
a eses vounos a botar.

Esqueiriño726 dijo...

Eses que rouban o povo,
coidado nos vaias votar,
eses que trincan do povo,
a eses vounos a botar.

Esqueiriño726 dijo...

Sinto as faltas de ortografía, correxídeme por favor.

Anónimo dijo...

Xota
Saiban vostedes señores
que somos xente de moi boa fe,
ós que non nos queren escoitar
dámoslles te chocolate café.

Anónimo dijo...

Xota Retrouso
Esta escola é a que mola
co noso xeito musical,
porque cantas e bailas
e o pasas xenial.

Eidan906

Anónimo dijo...

Os fenómenos de A Esmorga
non foron nada prosaicos,
xa veremos que acontece
cos oito apelidos galaicos.

906

Anónimo dijo...

Foise a Fitur a Xunta
na procura de máis turistas,
que falen cos seus amighos
"eses" das contas altruistas.

No verán encheuse Vigo,
chegou Hawking nun gran barco,
comeu boas ostras de A Pedra,
pero non lle deron tabaco.

Anónimo dijo...

Seghuro que cae algún premio
no Festival de curtas en Cans,
os que anden faltosde ideas
que falen co mestre de Xustáns.

Viaxando venres e domingo
chega o turista asustado
que colleu o tren Vigo-Santiago
con todo o vagón ateigado.

Ó enólogo da guía Parker
fáltalle algunha partitura,
viaxando pola provincia,
non escoitou a Treixadura.

906

Esqueiriño726 dijo...

Vestidiño de choqueiro
alghuns farrapos primeiro
que non falte un sombreiro
e a escarnecer o rueiro.

Bouche cantar unha copla
e pon moita atención
inda me debes a paga
traballo non é afición.

Xurelo 194 dijo...

Agora se vas ó xeito
Has ter que embarcar en Coia
Na rede na vez de chinchos
Hanche de cair cebolas


Se tes que subir ó Castro
Non te amoles pola reuma
Has de ir sen dar un tranco
Parece cousa de meigas


Os da casta teñen medo
Todo o peixe era pra eles
Chegaron os de Podemos
Hai que repartir con eles


Coa crise non hai traballo
E teño que estar no bar
Non me toque-lo carallo
Deixa a crise come está

Esqueiriño726 dijo...

O señor mestre de gaita,
ten dedos motorizados,
así calquera toca a gaita,
e certo vos fixádevos.

O señor mestre de gaita,
xa nos ten transtornados,
bate, xira, morde, trina,
as partituras son cadros.

Xurelo 194 dijo...

Hai un erro no derradeiro verso da cuarta copla, deixo a versión correxida.

Coa crise non hai traballo
E teño que estar no bar
Non me toque-lo carallo
Deixa a crise como está

Esqueiriño726 dijo...

Prima coa terceira,
octosílavo o verso,
segunda coa cuarta,
é copla de entroido.

No entroido galego,
retranca e malícia,
e coplas de escarnio,
con clara sapiencia.

Anónimo dijo...

Coa música da “Xota do Vilar”

La, la, la la la…

Ai o noso Casco vello,
está quedando bonito.
A ver se o Barrio do cura
non arde cun meteorito.

Pra sermos vila fermosa,
a humanizar a cidade!,
a chantar barcos en Coia!
e a Londres a mocidade!

En Nadal tiñamos luces,
no Entroido vén Vaquerizo.
E que hai para a Reconquista?
Seica vai falar Berizzo.

O Sireno desde arriba
parece que mira o mar-e,
pero as novas escaleiras
anímano a revirar-e.

Temos vento, temos choiva,
temos mareas e decencia;
no eido das enerxías
somos toda unha potencia.

Vou a da-la despedida,
como a dan os estranxeiros:
'a vosa praia de Rodas
é a mellor do mundo enteiro'.

Raíña (028)

Anónimo dijo...

Frade 265
(Xota do Vilar)

Cachucha, morro e morcilla,
lacón, costela e pataca (bis),
pra non gustar do galego, bocado non se che escapa.

A gheada e mailo seseo,
dis que non é ben falado (bis),
hai que ser ben destemido, mellor estaté calado.

O cura de Pardeconde,
en castelán deu a misa (bis),
tiña un falar delicado, as vellas morrían coa risa.

Por darte de resabido
falás castelán na viña (bis),
se queres ser erudito, Galego é o que che conviña.

Esqueiriño726 dijo...

O gobernador Pilato,
crucificou un home,
agora os do goberno,
matan a xente de fame.

Os miserables de antes,
puñan os nenos á lúa,
agora os miserables,
poñenos na mesma rúa.

Bandida373 dijo...

O mestre Xaquín Xesteira
Diríxenos con salero
Tanta prestancia ante a Banda
Coma a dun banderillero

E se o viras nos concertos
Todos a él ben atentos
Alecciona multitudes
Co máis leve movemento

Imos ir á Reconquista
Vai dirixir ata ó alcalde
E como él é "Caballero"
Non imos tocar de balde

Ghaitas, pandeiros e bombos
Disque vai donar á Escola
E pra rematar a festa
Unha boa merendola

Bandida373

Anónimo dijo...


Este Ministro de Cultura
sempre anda despistado
xa Merkel e o resto preghuntan:
¿quén lle reghalou o graduado.

Disque o novo Auditorio
fíxose para ter acústica
teremos que comprobalo
cando escoitemos a Rústica.

906

Bandida373 dijo...

Hoxe é día de San Brais
O cocido na perola
Todos cantando e bailando
I eu solfeando na Escola

A cousa tenche bemoles
Estou bastante fodido
En vez de estar en Bembrive
Sigo a voltas cos sostidos

O facer o calendario
Poñan un festivo máis
Que unha pequena trampiña
Ben a merece san Brais

E se non considerasen
Pensamento tan cabal
Ogallá os castigue o santo
Cunha afonía brutal

Anónimo dijo...

Coa música do "Pasodobre de Tomiño"

As rúas están en obras,
xa ninguén pode pasar,
notase que se aproxima
un proceso electoral.

Dame un votiño,
dame un votiño,
que é preciso
para encher o meu petiño,
e deixa fora,
e deixa fora,
e deixa fora
a quen o encheu ata de agora.

Voto que non vou a ver, vou a ver,
Voto que non vou a ver, vou a ver,
Voto que non vou a ver, deixao correr
deixao correr,

Vou prometer e prometo
mil cousas que vou facer,
pero en moi pouco tempo
todalas vou esquecer.

Dame un votiño ....

Antón Pirracas 018K

Anónimo dijo...

Xota de Vilar

- Son o alcalde de Vigo,
son o alcalde que manda,
e como alcalde de Vigo,
poño un barco nunha praza.

O probe barquiño
lle gusta ir o mar,
pero dende a rotonda
non pode chegar,
non pode chegar,
non pode chegar
a ver si os veciños
lle van a axudar.

- Os veciños non o queren
porque costa moita pasta,
pero eso a min non me importa
porque é o povo que paga.

O probe barquiño...

- O barco vai a rotonda
porque me sale... da ialma
¡que digan misa os veciños!
o poño porque me da a gana.

O probe barquiño...

Anónimo dijo...

Esquecín a firma do "Probe barquiño"
Son Antón Pirracas018K

Esqueiriño726 dijo...

O venres de entroido,
ímonos todos a rúa,
levamos o instrumento,
todos vestidos de cura.

Muiñeiras e xotas,
pasodobres e marchíñas,
os da banda de gaitas,
sabemos duas peciñas.

Esqueiriño726 dijo...

Fun a dar un baño turco,
entroume aquela fame,
bou falar co Farruco,
se ven conmigho o mare.

Anónimo dijo...

Pasodobre do Tomiño.


Xela xeliña
ai miña nena
quero cantare eu convosco no teu coro
acouga rula
vou de camiño
estou a botar no serán o ultimo grholo.

Ou mestra Xela
onte na casa
quedoume a crocoide ben danada
no teito quedan
as notas todas
estan en folga queren ir de foliada


Bego un paxaro
dixome onte
que estando as voltas para faser o seu niño
preso quedoue
cando sentiue
a arpa túa e tamén o violiño.





Cunhas guitarras cunhas gaitiñas
requintas cantos
arpas zanfoña acordeonhe
pandeiro bombo un pouco viño
cosido a esgallo
nen falar de emigracionhe.



Jota de Vilar


Estan a buscar planeta
pra falarmos nós en prosa
no mundo non hai pra a fala
lugar nen na terra nosa.


O Chisco onte na ducha
cantando as coplas da escola
quedoulle colghado
o DO
que ten de faser aghora.

O Chisco fixo promesa
pra estare hoxe sen catarro
fregas, mel leite quente
e estar pretiño do xarro.

O Chisco fixo un conxuro
pra estare hoxe sen frio
falouolle a meiga e co susto
quedou teso do arrepío

Alfonso a inspiracione
estache toda nun cuarto
toca triadas e cuartas
cupido tamén ten arco.

Eche o tempo do entroido
Imos pola laconada
Se non pagan ben a xente
Salchichas na foliada.

Animanonimae 957

Esqueiriño726 dijo...

Non é broma que verdade,
o baño turco da fame,
tamen faiche sudare,
tanto coma ir sachare.

Aghora no estroido,
non vou pintar a cariña,
despois dun bo cocido,
teñoa coloradiña.

Esqueiriño726 dijo...

Fun a praia do santo,
fun polo esqueiriño,
e non puden chegar alo,
non topei o camiño.Esquei

Anónimo dijo...

Nas vindeiras eleccións,
moitos forman nova lista,
queren saber en Cerponzóns:
¿é Louzán o futbolista?

¿Entroido sin Choqueiro,
cigarrón ou peliqueiro?.
Estarán facendo licor
no alambique do lodreiro.

Todo aquel que o bebe
díque é pura delicia.
¡¡paghen como ben se merece
o bó leite de Galicia¡¡¡¡


906

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu