03 febreiro 2015

Extraescolares ETRAD. Concurso de coplas entroido 2015


ENTROIDO 2015


Como cada ano, a ETRAD  fai unha convocatoria aberta a alumnos, mestres, familiares e simpatizantes da escola para celebrar a chegada do Entroido.

Lugar: Auditorio Milladoiro da ETRAD
Data: Venres 13 de Febreiro ás 17,00h.

Concurso de coplas 2015
Retomando unha idea de anos anteriores, convocamos un concurso de coplas aberto a toda a cidadanía de Vigo.

· Para concursar: Insertar no blog da ETRAD, ao pe da convocatoria do concurso, cantas coplas queirades en forma de comentario.
· As coplas que opten ao concurso deberán  incluir un seudónimo que conteña as tres últimas cifras do seu DNI, co obxecto de certificar a súa autoría na entrega de premios.
· De entre todas as coplas propostas, o xurado escollerá UNHA gañadora  e cinco accésits .
· Cada unha das coplas premiadas cun accésit recibirá como premio o último disco do grupo Treixadura: “Vendima tarda”.
· O primeiro premio recibirá un lote variado de discos de folk e música tradicional (1)
· O xurado estará composto por catro mestres da ETRAD escollidos entre os mellores do mundo e a súa decisión será practicamente inapelable.

Os retrousos serán escritos pola moi excelentísima organización do evento, e xunto coas coplas gañadoras publicaranse, para a súa aprendizaxe, no blog da ETRAD o mércores día 11.

A “Supercopla”, gañadora do lote de discos será escollida por votación popular entre os asistentes o mesmo venres 13. (2)


(1) No caso de que a autoría da copla gañadora coincida con unha ou varias das outras das coplas premiadas na modalidade de accesit, o agasallo correspondente ás mesmas será sorteado entre os asistentes que veñan disfrazados.

(2) No caso de que algún dos propietarios intelectuais das coplas gañadoras non esté presente no acto de entrega dos premios, ou non poda demostrar a súa autoría, o seu agasallo será sorteado entre os asistentes ao mesmo que veñan disfrazados.



PROGRAMA

·      Reunión no Auditorio Milladoiro ás 17,00h
·      Votación popular para escoller a “supercopla”
·      Entrega de premios aos gañadores
·      Aprendizaxe das coplas e ensaio das melodías escollidas

·      Pasarrúas polo centro de Vigo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego