ENTROIDO 2015
Como cada ano, a ETRAD fai unha convocatoria
aberta a alumnos, mestres, familiares e simpatizantes da escola para celebrar a
chegada do Entroido.
Lugar: Auditorio Milladoiro da ETRAD
Data: Venres 13 de Febreiro ás 17,00h.
Concurso de coplas 2015
Retomando unha idea de anos anteriores,
convocamos un concurso de coplas aberto a toda a cidadanía de Vigo.
· Para concursar: Insertar no
blog da ETRAD, ao pe da convocatoria do concurso, cantas coplas queirades en
forma de comentario.
· As coplas que opten ao concurso
deberán incluir un seudónimo que conteña
as tres últimas cifras do seu DNI, co obxecto de certificar a súa autoría na
entrega de premios.
· De entre todas as coplas
propostas, o xurado escollerá UNHA gañadora
e cinco accésits .
· Cada unha das coplas premiadas cun
accésit recibirá como premio o
último disco do grupo Treixadura: “Vendima
tarda”.
· O primeiro premio recibirá un lote variado de discos de folk e música
tradicional (1)
· O xurado estará composto por catro
mestres da ETRAD escollidos entre os mellores do mundo e a súa decisión será
practicamente inapelable.
Os retrousos serán escritos pola moi excelentísima
organización do evento, e xunto coas coplas gañadoras publicaranse, para a súa
aprendizaxe, no blog da ETRAD o mércores día 11.
A “Supercopla”, gañadora do lote de discos
será escollida por votación popular entre os asistentes o mesmo venres 13. (2)
(1) No caso de
que a autoría da copla gañadora coincida con unha ou varias das outras das
coplas premiadas na modalidade de accesit, o agasallo correspondente ás mesmas
será sorteado entre os asistentes que veñan disfrazados.
(2) No caso de
que algún dos propietarios intelectuais das coplas gañadoras non esté presente
no acto de entrega dos premios, ou non poda demostrar a súa autoría, o seu
agasallo será sorteado entre os asistentes ao mesmo que veñan disfrazados.
PROGRAMA
·
Reunión no Auditorio Milladoiro ás 17,00h
·
Votación popular para escoller a “supercopla”
·
Entrega de premios aos gañadores
·
Aprendizaxe das coplas e ensaio das melodías escollidas
·
Pasarrúas polo centro de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario