25 xaneiro 2015

Extraescolares ETRAD. Monográfico: Percusión de mans. Carlos Castro. Venres 31 de xaneiro de 2015. Conservatorio Superior de Música de Vigo



Monográfico impartido por Carlos Castro, profesor de percusión do Conservatorio Superior de Música de Vigo e en colaboración co mesmo. Estará centrado nas técnicas de percusión executadas con mans en diferentes instrumentos (panderos, panderetas etc) que se tocan en diversos países do mundo. Moi interesante para percusionistas que queiran sumar recursos percutivos.  Requerirase un nivel medio de instrumento.




O músico percusionista Carlos Castro imparte docencia en Vigo dende o ano 87, actualmente no Conservatorio Superior.
Ten colaborado en orquestras sinfónicas, bandas e grupos de rock, folk, jazz, etc. Tamén participou como compositor e intérprete en música para publicidade, teatro, cine e TV.
De entre as case 70 gravacións feitas entre LPs e CDs, están a maioría dos grupos actuais de música galega, así como 2 discos gravados polos alumnos do Conservatorio.
Publicou xunto a Sol Bordas  "O Centro Integrado de Música" (Consello da Cultura Galega), así como o libriño de arranxos de música popular "Catro cancións para instrumentos de Láminas" (ed. Fundación Mayeusis), “Caldeirada para 6” (ed. Periferia), unha metodoloxía para principiantes na percusión “esto é percusión!” (ed. Dos Acordes) e “Maruxiña” para cuarteto de percusión (Dos Acordes). Formou parte do grupo folk Fía na Roca, e participa con Xosé Manuel Budiño, os grupos Martín Códax, Resonet e Meendinho de música antiga, a orquestra O.M.E.GA de improvisación, a Banda Crebinsky e Catroventos (Fusión Urbana Contemporánea).

Venres 31 de xaneiro de 2015
Conservatorio Superior de Música,  Aula 37b (Instrumentos da música tradicional).
16h a 19h
Número de prazas: 20
Créditos computables na ETRAD: 3h

Último día de matriculación: 28 de xaneiro

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego