26 xaneiro 2015

Extraescolares ETRAD. Presentación do libro-CD “A viaxe de José do Campo”. Venres 31 de xaneiro de 2015. Auditorio Milladoiro. 20h



O grupo de música O Fiadeiro, presentará na ETRAD a súa última publicación "A viaxe de José do Campo". Un conto orixinal creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo en formato libro/CD, para disfrutar toda a familia. O disco inclúe 15 pistas de audio que fan referencia a esta fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe.
Todas as músicas que aquí se recollen, son interpretadas polo grupo de música de O Fiadeiro, así como a narración do propio conto, na última pista do CD.
Para os docentes, mestres,... inclúense as partituras dos temas, letras das cantigas e diversas actividades para poder traballalos e disfrutalos no aula.O libro está Ilustrado por: Xacobe Bobillo e colaboran na súa edición: O Fiadeiro, Ton e Son Editorial, ChisPún! Estudio e Inquedanzas sonoras.



Venres 30 de xaneiro de 2015
Auditorio Milladoiro
20h
Entrada libre ata completar aforamento

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego