Ao longo desta segunda semana de ferreiro do 2015, contamos coa visita dunha delegación de mestres e estudiantes do Vorarlberg State Conservatory (Austria), encabezada pola violinista Evelyn Finkel. O obxecto da visita é coñecer ao vivo tanto o sistema de ensino da nosa escola como a nosa música tradicional. O mércores 11 de febreiro agasallaranos cun concerto de música vocal e instrumental dos Alpes austríacos de tradición xermana. Unha ocasión única para escoitar a florido patrimonio musical desta histórica rexión europea.
ETRAD
Concerto de Música dos Alpes austriacos
Mércores 11 de febreiro de 2015
20:30 hs
Auditorio Milladoiro
Entrada libre e de balde ata completar aforo
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario