16 febreiro 2015

SonDeSeu, a Orquestra Folk de Galicia e a ETRAD en "O Canto Das Illas". Auditorio Mar de Vigo. 20, 21 e 22 de febreiro de 2015


O Concello de Vigo promove O CANTO DAS ILLAS", un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. 

O espectáculo estará composto de catro bloques escénicos nos que se estreará unha composición encargada especialmente para "O Canto das Illas", e interpretadas por artistas de diferentes estilos. Entre os distintos bloques integraranse os elementos audiovisuais: o videomapping (proxeccións adaptadas á estrutura do entorno onde se realiza o evento) e Pintura en area, de Colette Dedyn.

O primeiro bloque escénico, chamado Illa Monteagudo, contará coa Orquesta Sinfónica Vigo 430 e o estreo absoluto de Pórtico de Monteagudo, obra para arpa e orquesta composta por Juan Durán, con Alba Barreiro como solista.

O bloque Montefaro terá por protagonista a Lucía Martínez que actuará con mestres e o coro infantil da Escola Municipal de Música, que interpretarán unha obra orixinal da artista.

A continuación chegará a estrea absoluta da Suite San Martiño, composta por Anxo Pintos para a Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, con alumnos da ETRAD. Os solistas serán Begoña Riobó e Anxo Pintos.


O concerto proseguerá co cuarto bloque, Illa dos Deuses, que incluirá unha suite de Rodrigo Romaní, interpretada por SonDeSeu, a Orquesta Vigo 430, a Coral Casablanda e un quinteto contemporáneo cos solistas Iván Ferreiro e Mónica de Nut, ademais do Coro Infantil da Escola Infantil de Música. "O canto das Illas", indicou o rexedor, rematará un espectáculo que subirá ata 200 músicos ao escenario.

 acceso a "O Canto das Illas" para calquera dos tres días será gratuito e as entradas repartiránse na lonxa do Concello toda esta semana. O venres, 20 de febreiro, o espectáculo comezará ás 21 horas e os días 21 e 22 de febreiro, ás 19 horas. Esta acción enmárcase dentro das iniciativas previas ao inicio oficial do percorrido para que as Illas Cíes sexan recoñecidas Patrimonio medioambiental da Humanidade pola Unesco. Esta andaina comezará, segundo avanzou o rexedor vigués, Abel Caballero o próximo mes de xuño.

O CANTO DAS ILLAS
Auditorio Mar de Vigo
Venres, 20 de febreiro ás 21 horas
Sábado 21 ás 19 horas.
Domingo 22 de febreiro ás 19 horas.
Entrada gratuita previa retirada de invitacións na lonxa do Concello 
(2 invitacións por persoa)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego