31 marzo 2015

Galaxia ETRAD. Rodrigo Romaní ao vivo. "As Arpas de Breogán". Venres 3 de abril. 21:00hs. Auditorio Municipal de Vigo.

En “As Arpas de Breogán”, Rodrigo Romaní presenta un traballo dedicado ao son da arpa céltica e á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional. Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música cultura compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primeiramente concibido para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria. Rodrigo Romaní é un músico ben coñecido do público galego e español, nomeadamente dos máis afeccionados ás músicas de raíz, a través do seu traballo como membro fundador de Milladoiro e colaborando con artistas e orquestras como Bill Whelan (Riverdance), Liam O'Flynn, English Chamber, RTE Orquestra ou a Sinfónica de Galicia. É ademais produtor das primeiras obras de artistas como Susana Seivane ou Treixadura, compositor premiado con un Goya e un María Casares, entre outros. Educador fundador da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo (ETRAD) ou director da primeira orquestra folk de España, SondeSeu. Como solista ten realizado tres traballos discográficos: Albeida, Cantos Caucanos e As Arpas de Breogán.


Rodrigo Romaní ao vivo. "As Arpas de Breogán".
Venres 3 de abril. 
21.00hs.
Auditorio Municipal de Vigo. 
Entradas anticipadas en Ataquilla e a Central de Espectáculos
Prezo: 5 EUR.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego