5/5/15

Extraescolares ETRAD. Presentación do libro “Pazos de Merexo”. Con Pazos de Merexo, Xurxo Souto e Ramón Pinheiro. Mércores 6 de maio. 20:30hs

“PAZOS DE MEREXO, O ACORDEÓN DIATÓNICO DA COSTA DA MORTE” é unha cuidada e rigurosa monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acordeón para as novas xeracións.

O libro recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun CD no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclúe unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá –no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega. 

Xurxo Souto e Pedro Pascual, os dous autores do libro, son profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente único e inescusábel para as novas xeración de músicos e afeizoados. Ambos teñen compartido inúmeras horas con Pazos tanto en Merexo como en distintos pontos de Galiza e teñen sido destacados divulgadores entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.

Na presentación intervirán o autor Xurxo Souto e o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro. Como feche está prevista a intervención musical de Pazos de Merexo acompañado dos alumnos de diato da ETRAD e do seu mestre, Carlos Quintá.


A presentación do libro-disco será unha xornada de sincera homenaxe ao maxisterio de Pazos de Merexo da nova xeración de acordeonistas que siguen o seu ronsel. 
AUDITORIO MILLADOIRO
Mércores, 6 de maio de 2015, 20:30h
Entrada libre e gratuita ata completar o aforamento

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu