08 setembro 2015

O xoves 10 de setembro de 2015 remata o prazo de preinscrición para as especialidades instrumentais da ETRAD do curso 2015-2016.

Especialidades da ETRAD
Acordeón diatónico. Arpa céltica. Canto Popular. Corda pulsada (Bouzouki, Guitarra acústica). Gaita. Percusión Tradicional. Requinta. Violín Folk. Zanfona.

Alumnado de novo ingreso
O alumnado de novo ingreso debe optar por unha especialidade en tres níveis diferentes: Itinerario Básico, Medio ou Avanzado.
Para ingresar no itinerario básico, débese realizar una preinscrición, entrar nun sorteo que decidirá as preferencias sobre os horarios dispoñibeis así como a distribución dos aspirantes en: admitidos ou lista de espera,-Naqueles casos nos que exista unha demanda superior á oferta de prazas-. Posteriormente, formalizarase a matrícula.
Para ingresar nos Itinerarios Medio e Avanzado, deberase realizar unha preinscrición, unha proba de aptitude, unha entrevista persoal e, finalmente, formalizar a matrícula no seu caso.
Tamén se pode participar nas Aulas Abertas e formacións grupais que teñen a duración dun ano escolar. (Inscrición en outubro de 2015)
Inscripcións e  Matrículas
Documentación requirida:
  • Preinscrición no Itinerario Básico (On line e presencial)
  • Preinscrición no Itinerario Medio e Avanzado (On line e presencial)
A matrícula formalizarase única e exclusivamente en persoa, na secretaría da ETRAD. Imprescindible presentación do DNI.
Prazos e Datas
Preinscripción:
  • Por Internet: do 16 de xuño ao 10 de de setembro de 2015 neste enlace: inscripción on line ETRAD
  • Presencial na oficina da ETRAD do 16 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro de 2015
  • Publicación da lista de solicitantes: 14 de setembro

Matriculación:

  • Para alumnos/as con reserva de praza do 1 ao 10 de setembro de 2015. A matrícula formalizarase única e exclusivamente en persoa, na secretaría da ETRAD. Imprescindible presentación do DNI.
  • Para novos alumnos/as: Do 22 ao 30 de setembro de 2015

Escuela Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD)
  • Dirección: Avenida García Barbón 5. 36201 Vigo.
  • Teléfonos: 986 228 088 y 986 228 087.
  • Fax: 986 229 703.
  • Webwww.e-trad.org
  • E-maile-trad@vigo.org

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego