2/6/15

Presentación do libro CD “Amadeo Goyanes”. Con Pablo Quintana e Ramón Pinheiro. ETRAD. AUDITORIO MILLADOIRO. Mércores, 3 de xuño de 2015. 20:30hs. Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

         Presentación do libro CD “Amadeo Goyanes”

En 2015 cúmplese o centenario do nacemento do monfortino Amadeo Goyanes Vázquez e o XX aniversario do seu pasamento. Un momento no que deterse a profundizar no coñecemento dunha figura clave e fundamental na música tradicional galega e particularmente no movemento de rexeneración da zanfona en Galiza, onde foi todo un pioneiro. Por iniciativa de aCentral Folque e grazas ao apoio do Concello de Monforte e da Área de Cultura da Deputación de Lugo púidose dar forma a unha demorada e exhaustiva investigación sobre a vida e a obra de Amadeo levada a cabo polo afamado Pablo Quintana que agora ve a luz. Este traballo na súa forma definitiva de Libro CD “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte” será presentado na ETRAD o vindeiro mércores 3 de xuño ás 20:30.
O resultado é un libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos: partituras editadas para os músicos e especialistas da zanfona e un disco compacto no que se encontran inéditos de Amadeo Goyanes. Ademais deses históricos rexistros, graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG sita en Santiago de Compostela, atendida polo prestixioso zanfonista Óscar Fernández, no que pretende ser unha homenaxe As zanfoneiras de Monforte, a primeira escolanía de Zanfona de Galiza impulsada por Amadeo Goyanes.

Na presentación intervirán o autor Pablo Quintana e o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro. Como feche está prevista a intervención musical da Aula de zanfona da ETRAD.

    
AUDITORIO MILLADOIRO
Mércores, 3 de xuño de 2015
 20:30h
Entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento
     

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu