03 setembro 2015

A OFG SonDeSeu en concerto. Festival Intercéltico de Mos " O Son Do Pazo". Venres 4 de setembro de 2015 ás 22:00hs. Entrada libre

A OFG SonDeSeu ofrecerá un concerto  o venres 4 de setembro de 2015 nos exteriores do Pazo de Mos
dentro do festival intercéltico de Mos " O Son Do Pazo". SonDeSeu compartirá o palco e a noite cos grupos A Vacaloura Vermella e Riobó.

SonDeSeu é a primeira orquestra folk de Galicia: corenta músicos que interpretan música tradicional galega arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas.
Dirixida por Rodrigo Romaní, co seu cuarto disco, Danzas Brancas, confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man. 
A OFG SonDeSeu en concerto. 
Venres 4 de setembro ás 22:00hs. 
Exteriores do Pazo de Mos.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego