10 setembro 2015

Novas Galicia. Últimos días para inscribirse a ‘SGAE Galicia Creativa’, programa de axudas da Fundación SGAE para músicos emerxentes

Últimos días para inscribirse a ‘SGAE Galicia Creativa’, programa de axudas da Fundación SGAE para músicos emerxentes 

-Os seleccionados nos ámbitos de pop-rock, jazz e tradicional-folk verán a súa música producida e serán impulsados cunha serie de concertos   

-A convocatoria, creada polo Consello Territorial da SGAE en Galicia, péchase o 15 de setembro 
A Fundación SGAE, a través do seu Consello Territorial en Galicia, convoca as axudas SGAE Galicia Creativa , un programa que ten como obxectivo apoiar a carreira de músicos emerxentes entre os creadores galegos. Poden enviarse inscricións ata o 15 de setembro de 2015. 

Consciente das dificultades que supón iniciar unha carreira musical, a Fundación SGAE impulsa nesta primeira edición de SGAE Galicia Creativa o desenvolvemento de valores musicais no territorio galego, facilitando a gravación, proxección exterior e promoción do repertorio SGAE entre os autores/artistas emerxentes do territorio nos xéneros pop-rock, jazz e tradicional-folk. 


‘SGAE Galicia Creativa’. Descrición das axudas 
Cada unha das tres axudas previstas nos tres xéneros musicais que contempla a convocatoria (pop-rock, jazz e tradicional-folk) incluirá: 
1. A gravación, mestura e masterización íntegra dun disco de seis temas musicais como máximo e por cada xénero musical e grupo, pertencendo a autoría do repertorio a socios de SGAE. 
2. A prestación do servizo de asesoramento en produción discográfica por parte da Fundación SGAE. 
3. Presentación aos medios de comunicación, en Santiago de Compostela, das producións discográficas realizadas por aqueles grupos ou cantautores/solistas que resultasen seleccionados. 
4. Serie de tres concertos de presentación en varias cidades de Galicia e un na cidade de Madrid. 


Quen pode participar? 
Poderán participar en SGAE Galicia Creativa todos aqueles cantautores/solistas ou grupos de música que integren un máximo de 10 membros, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que se encadren dentro dunha ou varias modalidades dos xéneros musicais mencionados. Todas as obras musicais incluídas dentro da maqueta de preselección obrigatoria deberán estar rexistradas na SGAE. Os solicitantes non poderán ter ningún disco editado anteriormente á data de presentación da solicitude e ningunha relación contractual permanente ou ocasional con empresas discográficas. 

A convocatoria de recepción de solicitudes está aberta ata o 15 de setembro de 2015. 
Os interesados poderán consultar a totalidade das bases en www.fundacionsgae.org

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego