27 outubro 2015

Monográfico: A Armonía modal na música tradicional galega. Carlos Quintá. Venres 6 novembro de 2015. 16h – 19h

Falarase das funcións tonais, substitucións de acordes, progresións armónicas, movemento das voces entendidas horizontal ademáis de verticalmente, distintos tipos de cadencias, etc. << A armonización de unha peza é algo moi persoal, que ten algo de compositivo xa que estamos expoñendo cómo nós entendemos unha determinada peza, a melodía e o ritmo, características fundamentais do contexto popular no que traballamos. A partir de aí, non hai un método que nos diga, "mira se fas isto, vaiche saír sempre ben", senón que todo son distintas cousas, distintas apaixonantes opcións que vou aprendendo, distintas sensacións e matices que lle podo "engadir" a unha canción, nas que mostrarei cómo eu a entendo.>> Carlos Quintá Venres 6 novembro de 2015. 16h – 19h. Auditorio Milladoiro. Número de prazas: 20. Matrícula aberta a alumnos da escola e estudiantes non matriculados. Créditos computables por horas na ETRAD: 3hs. Último día de matriculación: 3 de novembro.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego