25 febreiro 2016

Extraescolares ETRAD. Farelo, o grupo de conxunto 5 da ETRAD en concerto. Domingo día 28 de febreiro ás 19:30h na A.VV. Rosalía de Castro da Salgueira. Vigo


O próximo domingo día 28 de febreiro ás 19:30h na AAVV Rosalía de Castro da Salgueira, os compañeir@s e alumn@s de Conxunto 5 (Farelo) estarán en concerto. Este será un de varios que farán ao longo de este curso e estades tod@s convidad@s.

Estes 5 músicos forman un conxunto que nace como asignatura na Escola de Música Folk e Tradicional de Vigo (E-TRAD), pero que evolúe cara un concepto musical moi persoal. Tomando como base a música tradicional e outros estilos modernos como influencia, esfarelan idea tras idea ata alcanzar o son que caracteriza o folk de FARELO.

Jose Manuel Páramo - Arpa
David Vicente - Percusións
Diego Bea - Voz
Marina Carpente - Violín
Elias Lamoso - Violín

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego