05 abril 2016

Presentación de “Fame”, o primeiro traballo discográfico da Orquestra Jazz de Galicia. ETRAD. Mércores 13 de abril. 20:30hs. Auditorio Milladoiro

O mércores 13 de abril teremos a sorte de contar na ETRAD con Roberto Somoza e Pedro Lamas, que farán a presentación do primeiro traballo discográfico da Orquestra Jazz de Galicia.

“Fame” é o debut discográfico deste numeroso grupo con sé en Santiago de Compostela.
A idea do título é a fame por aprender e por demostrar a súa valía:  Trátase dunha “Fame” en positivo, fame por presentar ao mundo outra forma de entender a música 

Roberto Somoza e Pedro Lamas son os cofundadores e arranxistas do proxecto que agrupa a unha trintena de músicos que demostra ter fame de excelencia e novidades. Estamos ante un proxecto baseado sobre todo nas raíces da música tradicional galega co aporte da linguaxe jazzeira e que, para nada, desdeña as influencias de estilos como a música clásica e a contemporánea.

Gravado en xaneiro do 2015 no Auditorio de Galicia en Santiago, o disco está composto por dez arranxos de temas populares galegos que chegaron a nós pola tradición oral e que reflicten a riqueza da nosa música.


OJG presenta "FAME"
ETRAD
Mércores 13 de abril de 2016
Auditorio Milladoiro
20:30h

Entrada libre ata completar aforamento (100 persoas)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego