16 maio 2016

Concerto especial da Orquestra Folk SonDeSeu. "O SON DAS LETRAS". Espectáculo producido por Suído Producións para a TVG. Emisión 17 de maio. Gravación xoves 5 de maio. Auditorio Mar de Vigo.

A Orquestra Folk SonDeSeu ultima a preparación do concerto que ofrecerá no Auditorio Mar de Vigo o vindeiro xoves 5 de Maio. O concerto será gravado en directo para a súa posterior emisión na TVG o 17 de maio en conmemoración das letras galegas

Producido por Suído Producións para a TVG, o espectáculo leva por nome "O SON DAS LETRAS",  será presentado por Antonio Duran "Morris" e María Vázquez contará coas colaboracións de Uxía, Rosa Cedrón, Diana Tarín, Antón Seoane, Orfeón Treixadura, Toño Otero, Javier Feijoo (Xisco), O Fiadeiro e o Coro infantil da Escola Municipal de Música de Vigo.


O repertorio inclúe adaptacións de coñecidas cancións con textos de Manuel María e outros autores aos que se lles adicou o día das letras, adaptacións realizadas por Rodrigo Romaní, Xaquín Xesteira e Xosé Liz, xunto coa estrea absoluta de temas para o repertorio da orquestra que fixeron musicos como Pedro Lamas e Xosé Lois Romero.

O SON DAS LETRAS 
Orquestra Folk SonDeSeu
Concerto gravado en directo
Auditorio Mar de Vigo
Xoves 5 de maio
Emisión TVG 17 de maio

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego