23 maio 2016

EXTRAESCOLARES ETRAD. Audición d@s alumn@s da Escola Municipal de Moraña. Mércores 25 de maio. Auditorio Milladoiro. 20:30hs




O mércores 25 de maio teremos o pracer de ter como visitantes na ETRAD a un grupiño de alumn@s da Escola Municipal de Moraña. Veñen con ansias de coñecer unha escola que lle adica todos os seus esforzos a ensinanza e divulgación da música tradicional e folk. Ademais de visitar ás aulas e coñecer novos instrumentos, as nenas e nenos de Moraña tocarán unha pequena audición no noso auditorio á que estades tod@s convidadísimos. Unha tarde estupenda para promover a comunicación entre as escolas de música tradicional e folk de Galicia e @s alumn@s que estudican nelas.


A escola de música municipal de Moraña é pioneira na inclusión de instrumentos da  música popular na ensinanza regrada. Así, dende o ano 2013, ademais de poder cursar o estudio de  instrumentos máis habituais neste tipo de escolas como poden ser o saxofón ou o piano, os alumnos e alumnas teñen a posibilidade de tocar a zanfona o acordeón diatónico ou o violín. Acompañando a aula propia do instrumento e a de linguaxe musical, creouse unha sorte de agrupación, co obxetivo de fomentar a paixón pola música en grupo, a creatividade e a expresividade. Paralelamente a ensinanza semanal, organízanse puntualmente cursos e concertos ( As Gonzalinhas, Germán Díaz, Bailes no Cuartel...), o que permite levar á vila músicos e proxectos artísticos que lle amosen ás crianzas tódalas potencialidades da creación artística.



Mércores 25 de maio de 2016
Auditorio Milladoiro
20:30h

Entrada libre ata completar aforamento (limitado a cen persoas)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego