07 xuño 2016

EXTRAESCOLARES ETRAD. Presentación do novo álbum de Xosé Lois Romero e Aliboria. Mércores 8 de xuño. 20:30hs. Auditorio Milladoiro. Entrada libre ata completar aforamento (100 persoas)


Aliboria é un colectivo de novos músicos galegos, dirixidos por Xosé Lois Romero, que reinventan os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas cantantes cuns novos arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra.
As mulleres e homes que conforman Aliboria representan unha nova xeración de músicos cun coñecemento profundo do seu folclore e cunha gran calidade técnica, un equipo perfecto para que o mestre Romero dea un novo paso adiante na evolución da música popular galega, que está a vivir o seu momento máis fértil e en permanente proceso de actualización.
A música de Aliboria combina as voces ancestrais da tradición oral de Galicia coa forza e o colorismo multitímbrico da percusión tradicional, todo tinguido coa frescura e a enerxía que a xuventude dos seus membros lle aporta.
Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos, perfectamente conxunguidos cos cantos, os aturuxos, os bailes e a diversión.
En 2016 publican o seu primeiro disco, como presentación desta nova proposta que nace coa vontade de amosar ao mundo a vitalidade da música galega.





Presentación novo álbum de Xosé Lois Romero e Aliboria. 
Mércores 8 de xuño. 20:30hs. 
Auditorio Milladoiro
Entrada libre ata completar aforamento (100 persoas)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego