6/9/16

Segue aberto o prazo de preinscrición para alumnado de novo e ingreso e de matriculación para alumnado con reserva de praza para o curso 2016/17 na ETRAD. Ata o 9 de setembro

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA FOLK E TRADICIONAL. ETRAD. CONCELLO DE VIGO Curso 2016/2017

Alumnado de novo ingreso

Para ingresar no itinerario Básico, débese realizar unha preinscrición, entrar nun sorteo que decidirá as preferencias sobre os horarios dispoñibles así como a distribución dos aspirantes en admitidos ou lista de espera, nos casos nos que exista unha demanda superior á oferta de prazas, e posteriormente, formalizar a matrícula.
Para ingresar nos Itinerarios Medio e Avanzado, débese realizar unha preinscrición, realizar unha proba de aptitude, unha entrevista persoal e, finalmente, formalizar a matrícula no seu caso.
Tamen se pode participar nas Aulas Abertas e formacións grupais que teñen a duración dun ano escolar..
Inscricións e Matrículas
Documentación requirida:
Preinscrición no Itinerario Básico
Preinscrición no Itinerario Medio e Avanzado
A matrícula formalizarase única e exclusivamente en persoa, na secretaría da ETRAD. Imprescindible presentación do DNI.
Prazos e datas
Preinscrición:
  • Por Internet: do 20 de xuño ao 9 de setembro de 2016.
  • Presencialmente: nas oficinas da Escola, do 20 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 9 de setembro de 2016.
Mais información en www.emmavigo.org

Materias e Convalidacións dos Ciclos Medio e Avanzado curso 2016-2017

  • Linguaxe musical 1: Certificados de Escolas Municipais de Música, Conservatorio Medio ou Superior.
  • Linguaxe musical 2: Certificados de Escolas Municipais de Música, Conservatorio Medio ou Superior.
  • Historia Xeral da Música: Conservatorio Medio ou Superior.
  • Polifonía: Certificado de Canto Coral (un curso) en Conservatorio Medio ou Superior.
  • Outras convalidacións posibles solicitandoas unha vez realizada a matrícula.
Horario das clases (curso 2016 / 2017)
As clases impártense de luns a venres, en horario de mañá os xoves entre 11:00 e 13:00, e diariamente de tarde: entre as 16:00 e as 21:00 horas.
 Pode consultar toda a información sobre horarios, especialidades e normativa no seguinte documento

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu