23 outubro 2016

EXTRAESCOLARES ETRAD. Presentación do CD “Raíces aéreas”. Mónica de Nut e Luís Martíns. Mércores 2 novembro de 2016. 20hs. Auditorio Milladoiro. Entrada libre ata completar aforamento (100 persoas)


O vindeiro mércores 2 de novembro, teremos o pracer de asistir a unha nova publicación musical de dous músicos amigos e antigos alumnos da escola. 

Mónica de nut, voz, e Luís Martíns, arpas celtas acústica e eléctrica, veñen de gravar o disco RAÍCES AÉREAS coa discográfica Freecode. Colabora Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros. Son e máster: Isaac Millán, Lagharteira Produccións. Deseño gráfico e fotografías Uqui Permui. O elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral. Cantos crús, vitais e poderosos, conéctanos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza aportando as nosas ás mediante a voz e a arpa.
Mércores 2 novembro de 2016
20h
Auditorio Milladoiro
Entrada libre ata completar aforamento (100 persoas)


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego