29 novembro 2016

Concerto. 15 anos con SonDeSeu. Concerto de apertura do Culturgal. Venres 2 de decembro ás 21:30hs no Pazo da Cultura de Pontevedra

Celebramos os 15 anos de existencia da Orquestra Folk SonDeSeu co concerto de apertura do Culturgal o venres 2 de decembro ás 21:30hs no Pazo da Cultura de Pontevedra con convidados de excepción: Rosa Cedrón, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura, e os solistas da orquestra: Javier Feijoo e Begoña Riobó, cun repertorio cheo de estreas e reestreas, obras e arranxos de Quico Comesaña, Rodrigo Romaní, Xosé Lois Romero, Xosé Liz, Xaquín Xesteira Losada e Anxo Pintos, no que tamén revisitaremos clásicos da música galega como Campanas de Bastabales, O carro, O aradiño, Bando do Alcalde ou Aí vén o Maio. Agardámosvos!!!

Concerto. 15 anos con SonDeSeu. 
Concerto de apertura do Culturgal. 
Venres 2 de decembro ás 21:30hs  
Pazo da Cultura de Pontevedra

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego