24 novembro 2016

GALAXIA ETRAD. O mestre de Canto Popular da ETRAD Javier Feijoó "Xisco", PARTICIPA COMO CANTANTE NO NOVO ESPECTÁCULO DE NOVA GALEGA DE DANZA. "SON". VIGO. TEATRO AFUNDACIÓN. 27 DE NOVEMBRO. 19:30HS



Nova Galega de Danza volve aos escenario con "Son". O último

espectáculo da compañía con sede na Coruña emprende e novembro unha
mini xira galega que encherá os auditorios de Vilagarcía, Narón e
Vigo co talento condensado dunha montaxe única, capaz de traspasar
todas as convencións.
Tras "Son" atopamos o talento coreográfico e creativo de Jaime Pablo
Díaz -director de Nova Galega de Danza- que nesta ocasión buscou a
colaboración de Carmelo Segura e Carlos Rodríguez. El resultado es un
espectáculo único, visual, epatante e magnífico que xa emocionou ao
público na súa estrea o pasado mes de maio. Sobre a táboas, dúas
voces en directo -un cantaor flamenco e outro tradicional galego-
poñendo voz á música orixial do compositor galego Sergio Moure
Oteiza, e catro bailaríns de tradicional galego, catro bailaores de
clásico español e un bailarín contemporáneo. Todos eles dando vida a
una historia a priori hierática, pero que se revela como tremendamente
plástica: a que narra a relación dun creador - neste caso un escultor
- coas súas obras. A peza reflicte a loita do creador entre as diversas
linguaxes (as diversas tradicións artísticas) para construir a sua
propia voz, para atopar esas obrar que "SON".
O baile e a música deste espectáculo innovador cautivarán e
fascinará ao público. As coreografías irán sucedendo e ligando entre
si por transicións nas que se empregan diferentes elementos que forman
parte dun taller de escultura, e a linguaxe coreográfica mestura catro
estilos diferentes -tradicional galego, danza española, contemporáneo
e flamenco-, logrando un resultado único, emocionante e empático. Esto
está repetido
* 27 de novembro no Teatro García Barbón de Vigo, 19:00 hs. (entradas

en Ataquilla [3] desde 5,40€)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego