12 decembro 2016

GALAXIA ETRAD. O mestre de zanfona, Anxo Pintos, nominado ao GRAMMY na categoría de "world music" pola súa participación no disco "SING ME HOME" da "Silk Road Ensemble"

A pasada semana coñeciamos a nova de que o mestre de zanfona da Escola municipal de Vigo de música folk e tradicional (ETRAD), estaba entre os nominados ao GRAMMY na categoría de "world music" polo disco "SING ME HOME" da "Silk Road Ensemble" que lidera Yo-Yo Ma.  Anxo Pintos foi o responsable do arranxo e das partes de composición do tema "Cabaliño" que interpreta xunto a Cristina Pato, Davide Salvado e Roberto Comesaña do proxecto Rústica e Yo-Yo Ma, entre outros músicos da "Silk Road". Este recoñecemento para un membro do mestrado da ETRAD súmase a moitos outros recibidos ao longo dos anos no que a escola leva funcionando baixo a direción de Rodrigo Romaní. Unha motivación máis para seguir traballando a prol da música folk e tradicional  e d@s máis de 500 alumn@s que as aprenden na ETRAD.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego