22 marzo 2018

Semana de concertos divulgativos dos mestres da ETRAD. As cantigas do Pergameo Vindel. Auditorio do Concello de Vigo. Do luns 19 ao venres 23 de marzo.

Ao longo da semana que vai do uns 19 ao veres 23 de marzo, os mestres da ETRAD mostran os instrumentos que imparten na escola nun ciclo de concertos didácticos, organizado e promovido polo Servizo de Educación do Concello de Vigo, coa idea de achegar aos estudantes dos CEIP e institutos de Vigo, as músicas do Pergameo Vindel desde a visión propia dos mestres da ETRAD, que arranxaron para a ocasión, as sete cantigas de Martín Códax. Os concertos van acompañados con vídeos explicativos sobre o contexto histórico no que se crearon as cantigas e os avatares do descobrimento e da investigación do pergameo por Francisco Vindel.

Semana de concertos divulgativos dos mestres da ETRAD. 
As músicas do pergameo Vindel.
Auditorio do Concello de Vigo. 
12h.
Do luns 19 ao venres 23 de marzo.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego